El Consorcio, esencial para un casco histórico vivo

La Voz

SANTIAGO

13 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Los candidatos analizaron la cooperación estatal en relación a la ciudad histórica de Santiago.

MARTA GONZÁLEZ (pp)

«Pilar esencial». A participación do Goberno no Consorcio é un pilar esencial na rehabilitación e a cultura da cidade. Os padroados das cidades históricas seguen a ter un nivel razoable de financiamento. A Catedral recibiu 25 millóns para a súa rehabilitación. Tamén as políticas de vivendas van cara a rehabilitación e o aluguer. Hai 143 millóns para a provincia da Coruña no 2016. É primordial a promoción e conservación do Camiño. Hai deterioro polo éxito e problemas de seguridade vial.

gONZALO DIZ (PSOE)

«Convocar o Patronato». O Concello aínda non cumpriu o compromiso de convocar o Patronato, fundamental para reactivar o Consorcio. Deixamos elaborado o plan 2015-2021 e está parado por iso. O PP non fixo nada no 2014. No que atinxe ao Camiño, os mellores tramos están en Navarra e os peores en Santiago. Os peregrinos supoñen 450 millóns anuais para Galicia. O Estado diminuíu nestes últimos anos as aportacións a case a metade.

XAIME SUBIELA (EN MAREA)

«Zona con vida». O Consorcio é moi necesario no caso de Santiago, que concentra moitas características que fan que as Administracións actúen aquí de xeito coordinado. Santiago é unha cidade que ten que ter unha actuación de Estado. Agora cremos que o papel do Consorcio está máis en darlle vida ao casco histórico. E por iso é importante que se arroupe con actuacións non só para as fachadas, senón para que haxa vida nel. Fai falta diversificar os Camiños. É vergoñento que os peores tramos do Camiño estean en Galicia.

CARLOS CALLÓN (NÓS-CG)

«Ben tratado». A zona vella é a carta de presentación de Galiza no mundo. E hai que tratalo de acordo con iso. Ten que haber empresas diversificadas e poboación. Houbo moitas iniciativas do BNG nese eido, como a de duplicar os recursos en rehabilitación de vivendas. O Consorcio funcionou ben pero a achega do Estado debe manterse, non descender. Non se deben concentrar os fondos en obras na Igrexa. Hai que posibilitar a conexión de Internet aí. E tamén é necesario diversificar o turismo, que non sexa so low cost.

M. González. Hai tramos galegos do Camiño penosos, pero a orografía e a poboación de Navarra e Galicia non teñen que ver.

G. Diz. Hai que promover os outros Camiños, non só o Francés. O noso compromiso será posibilitar que se reúna o Patronato.

X. Subiela. O casco vello non pode ser unha cidade baleira. Que teña vida é o maior atractivo para un turismo de calidade.

C. Callón. O casco vello non pode ser un parque temático, o BNG contribuíu a evitalo. É moi importante diversificar o turismo.