Os gandeiros de Barcala e Xallas recoñecen o traballo de Amador Rodríguez

Amador Rodríguez ten 93 anos e unha gran memoria<span lang= es-es >. </span>
Amador Rodríguez ten 93 anos e unha gran memoria.
la voz

Cunha memoria prodixiosa, Amador Rodríguez Troncoso, aos seus 93 anos de idade, é historia viva pola súa contribución decisiva á creación de Feiraco dende a primeira axencia de Extensión Agraria de España, que el mesmo dirixiu. De aí, que preto dun cento de persoas lle tributasen o pasado sábado un máis ca merecido recoñecemento, pola súa profesionalidade e compromiso coas xentes do rural barcalés e xalleiro.

Gandeiros históricos, ou quen foi director da axencia coma Joaquín Buergo del Río, mesmo o actual presidente de Feiraco, José Montes Pérez, e outros amigos seus como Jesús Parga, entre outros, non faltaron a un acto emotivo e de xustiza a un veciño que incluso foi desterrado do seu traballo en Negreira por defender aos gandeiros.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Os gandeiros de Barcala e Xallas recoñecen o traballo de Amador Rodríguez