Programación completa da Foliada de Melide

La Voz

SANTIAGO

A localidade acolle a última fin de semana deste mes tres xornadas de música tradicional con cantos de taberna, marcha gaiteira, serán, unha mostra de artesanía e un cartel con seis concertos gratuítos, que pecharán o día 26 Najla Shami e Os Diplomáticos de Montealto

17 abr 2015 . Actualizado a las 19:42 h.

VENRES 24 DE ABRIL

-Ás 20.30 horas comeza a animación de rúa con xigantes e cabezudos e o grupo TRES REDOBRES.

-Ás 22.00 horas, OS MELIDAOS e TROMENTELOS presentarán os seus últimos traballos discográficos. Na Casa da Cultura, que abrirá as portas ás 21.30 horas. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.

SÁBADO 25 DE ABRIL

-Ás 11.00 horas, apertura da MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS. Na praza do Convento, que acollerá vinte expositores nos que tamén se poderán atopar traxes rexionais e artesanía en pedra, madeira e coiro.

-Ás 11.30 horas, animación de rúa con xigantes e cabezudos e o grupo TREBOEIROS.

-Ás 12.00 horas, comeza o SÉTIMO CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA. Dezaoito agrupacións de música popular ofrecerán o seu repertorio noutros tantos locais de hostalaría da zona dos viños, no casco vello.

- Ás 15.30 horas, ENTREGA DE PREMIOS

 do concurso de cantos de taberna. Na praza das Coles. 

-Ás 17.00 horas actuará BICO DA BALOUTA. Na praza do Convento.

-Ás 17.30 horas, animación de rúa con TREBOEIROS.

-Ás 18.00 horas, actuación de FROITO NOVO e OBRADOIRO DE BAILE con Luis Prego. Na praza do Convento.

-Ás 19.00 horas, MARCHA GAITEIRA polas principais rúas e prazas da vila. 

-Ás 19.30 horas, SERÁN, encontro en torno á música e ao baile de dezaoito agrupacións de folclore popular. Na praza das Coles.

-Ás 00.00 horas. CONCERTOS de HABELAS HAINAS E SACHA NA HORTA. Na praza das Coles. Entrada gratuíta.

DOMINGO 26 DE ABRIL

-Ás 11.00 horas, apertura da MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS. Na praza do Convento.

-Ás 11.30 horas, animación de rúa con xigantes e cabezudos e OS DA FONTE DO FRADE.

-Ás 12.00 horas, XOGOS POPULARES coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Na praza das Ichoas.

-Ás 12.30 horas,  o Obradoiro de gaita e percusións JR presenta o BORDÓN MULTITONO. Na capela de Santo Antón.

-Ás 13.30 horas, EXHIBICIÓN DE BAILE TRADICIONAL a cargo da Escola municipal de baile e música tradicionais de Santa Comba. Na praza do Convento.

-Ás 17.00 horas, PETER PANK presenta o seu ESPECTÁCULO INFANTIL de maxia, malabares e humor ''Peor imposible''. Na praza do Convento.

-Ás 17.30 horas, animación de rúa con OS DA FONTE DO FRADE.

-Ás 18.00 horas, ENTREGA DE PREMIOS do CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL 'Xente Cativa'. Na capela de Santo Antón.

-Ás 18.00 horas, CONCERTOS de NAJLA SHAMI e OS DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO.