«Os nenos deben coñecer outras realidades do mundo»

A oenegué promove unha mostra fotográfica en Santiago polo seu 40 aniversario e actividades para todas as idades

María Díaz presentou a nova campaña de sensibilización de Médicos Sin Fonteras en Santiago.
María Díaz presentou a nova campaña de sensibilización de Médicos Sin Fonteras en Santiago.

A fotografía, os contos, o cine e os coloquios servirán durante os próximos tres meses para dar a coñecer en Santiago outras realidades do mundo que ás veces se antollan demasiado afastadas. Esta é a proposta que lanza a oenegué Médicos Sin Fronteras, que aproveitando o seu aniversario, intenta achegar un pouco máis o seu traballo á cidadanía e aos barrios da cidade con distintas actividades programadas nos centros socioculturais da mesma.

Unha mostra fotográfica, titulada 40 anos de acción humanitaria independente, é a primeira das súas propostas. Trinta imaxes tomadas por prestixiosos fotógrafos internacionais abren unha ventá á historia da organización e amosan o traballo que vén realizando en poboacións que se atopan en situacións precarias, vítimas de conflitos armados ou catástrofes naturais. O tsunami de 2004 no sureste asiático, a guerra en Bosnia de 1992 ou a fame en Etiopía son so tres exemplos do periplo humanitario. A exposición estará aberta no CSC do Ensanche ata o 27 de abril e logo pasará polos de Vite e Fontiñas.

O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou a delegada para Galicia de Médicos Sin Fronteras, María Díaz, é en primeira instancia «dar as grazas a todas as persoas que nos apoian e levar o máis preto posible a labor que facemos». Esta sinalou que en Santiago contan con 1.800 socios regulares que fan posible o seu traballo, aínda que incidiu na necesidade de seguir sensibilizando á poboación.

Para achegar esta mensaxe a tódalas idades a oenegué articulou un programa de actividades paralelas que contará cun ciclo de cine humanitario no centro do Ensanche, unha mesa redonda sobre os conflitos armados e o xornalismo, así como varias sesións de contacontos para os máis cativos. María Díaz entende que «os nenos deben coñecer outras realidades do mundo» e os contos -que teñen sempre un final feliz- son un medio ideal para ir creando conciencia.

A delegada en Galicia da oenengué sinalou que «para nós falar pode significar en moitos casos que nos expulsen do país e deixar sen asistencia a centos de persoas», ademais da dificultade que hoxe supón traballar en países en conflitos armados polas trabas e receos que existen.

maría díaz delegada para Galicia de Médicos sin fronteras

A exposición. Aberta ata o 9 de xuño

Viaxará por tres centros

Estará no CSC do Ensanche ata o día 27, ata o 20 de maio no de Vite e acabará no de Fontiñas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«Os nenos deben coñecer outras realidades do mundo»