Exposicións e actos por toda Galicia para conmemorar a figura de Filgueira Valverde

La Voz AXENCIAS / LA VOZ

SANTIAGO

Álvaro Ballesteros

A RAG celebrará o próximo 17 de maio o seu plenario extraordinario en Pontevedra en homenaxe ao intelectual ao que se dedica o Día das Letras Galegas

06 feb 2017 . Actualizado a las 13:52 h.

Diversas institucións galegas lembrarán conxuntamente a figura do intelectual, escritor e profesor pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quen neste ano 2015 se lle renderá homenaxe con motivo da Día das Letras Galegas. A ampla programación de actividades ao redor da figura do humanista foi presentada esta mañá nun acto realizado en Santiago, na Cidade da Cultura, e que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

O titular de Cultura destacou durante a súa intervención a versatilidade do escritor homenaxeado neste 2015.  Román Rodríguez alabou «as calidades do humanista, do polígrafo meticuloso, do estudoso esforzado, do divulgador incansable e da persoa que puxo a lingua, que puxo a literatura, que puxo a cultura galega no centro da súa actividade cotiá». O conselleiro subliñou, ademais, a necesidade de que o Día das Letras sexa abordado de forma colaborativa para alcanzar o coñecemento e valoración do autor homenaxeado. Do mesmo xeito, no transcurso do acto celebrado hoxe os diferentes intervintes expresaron, ademais, a necesidade de facer partícipe toda a sociedade da homenaxe ao «vello profesor» pontevedrés, como así era coñecido Filgueira Valverde.

?Ampla programación

Exposicións, edicións conmemorativas, actividades escolares, estudos, traducións e proxectos audiovisuais e dixitais da obra de Filgueira Valverde articulan o groso do programa. Unha das accións centrais será a mostra Un faro na construcción de Galicia, que abordará as distintas facetas do homenaxeado e que terá a súa sede principal no Museo de Pontevedra entre o 24 de abril e el 24 de maio, para despois ter versións itinerantes por Galicia ao longo de todo este ano. 

En colaboración coa Fundación Filgueira Valverde, a Consellería creará un espazo web dedicado ao autor, cunha completa selección de materiais, ao tempo que o Consello da Cultura Galega prepara a dixitalización do epistolario de Filgueira con destacadas figuras da literatura galega, como Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Cunqueiro.

Tamén a Cidade da Cultura acollerá senllas exposicións sobre Filgueira. Serán as tituladas Filgueira Valverde: vida e obra e Poesía galega postrobadoresca: o Cancioneiro de Afonso PaezAcerca da edición conmemorativa, este ano verá a luz, en galego, o clásico Historias de Compostela, e o Centro Ramón Piñeiro editará un novo número de seus Cadernos dedicado monograficamente a Filgueira.

No referente aos centros educativos, a Consellería de Cultura e Educación convoca de novo o Concurso-Exposición Letras Galegas 2015, para a realización dunha mostra de carteis divulgativos sobre o autor pontevedrés. Ademais, os equipos de dinamización da lingua galega realizarán diversas actividades centradas na vida e obra e na etapa sociolingüística en que viviu o autor homenaxeado.

Román Rodríguez destacou que Filgueira Valverde chegará a «39 universidades del mundo» a través dos Centros de Estudos Galegos, que programarán numerosas actividades vinculadas á lingua e á cultura galega, ademais dunha traducción ao uso de unha das súas obras en San Petersburgo.

No acto deste luns tamén anunciouse a quinta edición do Concerto das Letras Galegas organizado por el Consello da Cultura, con Maximino Zumalave e a Real Filharmonía de Galicia e con música sobre textos de Rosalía, Curros Enríquez y Filgueira Valverde. Ademais, a Xunta recuperará a grabación realizada ao Gaiteiro de Campañó en 1947 por iniciativa do homenaxeado, un conocedor do patrimonio musical galego, mediante a edición dun libro-disco con distintos materiais.

Pleno extraordinario da RAG en Pontevedra

A Real Academia Galega celebrará un plenario extraordinario en honor de Filgueira Valverde no día 17 de maio en Pontevedra, e un acto poético-musical, no día 30 de agosto, no mosteiro de Armenteira dedicado ao autor. No acto realizado esta mañá na Cidade da Cultura participaron, entre outras personalidades, o secretario xeral da RAG, Henrique Monteagudo; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; e o presidente da Fundación Filgueira Valverde e fillo da figura homenaxeada, Fernando Filgueira, quen leu un poema do seu pai.