Arzúa conmemora todo o mes o Día das Letras con cine, música, xogos e literatura

la voz

Cine, música, xogos populares e, por suposto, literatura. Son os ingredientes do programa deseñado polo departamento de Cultura do Concello de Arzúa para conmemorar, ao longo de todo o mes, o Día das Letras Galegas, que, o vindeiro 17, homenaxeará a figura do poeta Xosé María Díaz Castro. A actividade máis inmediata será o venres que vén, cando se proxectará, a partires das sete da tarde no telecentro, o filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e rodado nos Ancares, na Fonsagrada e en Negueira de Muñiz. Un día despois, o 10, Luz Darriba presentará a súa obra Toda la gente errante. Será na capela da Madanela, ás oito e media da tarde, nun acto organizado pola biblioteca municipal.

O propio día das Letras Galegas, o 17, o grupo de música e baile tradicionais O Bringuelo e o coro infantil da Escola de Música de Visantoña porán música a un espectáculo de entrada gratuíta no recinto feiral a partires das seis da tarde. Esa mesma xornada, tamén haberá un obradoiro de xogos tradicionais de todo o mundo. É unha actividade que unha semana antes, os días 9 e 10, o Concello de Arzúa levará aos centros escolares da vila e á parroquia de Oíns, respectivamente. O obradoiro tamén se lles ofrecerá ao veciños de Branzá o 31. E un día antes, co fin de promover o uso da lingua entre os cativos de 4 a 10 anos, desenvolverase no recinto feiral outro obradoiro. Neste caso, impartido por Pablo Díaz, que combinará nunha sesión didáctica dunha hora cancións, bailes e xogos en galego. Para participar é preciso inscribirse con antelación.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Arzúa conmemora todo o mes o Día das Letras con cine, música, xogos e literatura