Arranca hoxe a Foliada melidá cunha velada de música, teatro e baile sábadodomingo

la voz

O décimo aniversario da Foliada de Melide celebrarase dende hoxe ata o domingo con tres xornadas nas que ben seguro poderá máis a música popular galega -que, ao igual que foi na última década, é, e seguirá sendo, a grande homenaxeada- que a choiva que prognostican os partes do tempo. O aperitivo servirao a banda de gaitas da comarca, que abrirá, a partires das nove e media desta noite no auditorio da Casa da Cultura, unha velada na que se presentará un espectáculo de música, baile e teatro, producido pola A Maristela.

Esa agrupación folclórica desprazarase dende o concello veciño de Sobrado dos Monxes, ao igual que dende municipios de toda a comunidade galega -de Baiona, de Silleda, da Fonsagrada ou da Coruña, por citar algúns- son as dezaoito formacións que mañá participarán no concurso de cantos de taberna que, dende o mediodía, porán música en dezanove bares da zona vella da vila melidá. Agrupacións do País Vasco con raíces na comarca tamén se sumarán a este certame, que é unha dos momentos máis agardados da Foliada. O mesmo que a marcha gaiteira que, xa pola tarde, percorrerá as principais rúas e prazas da localidade. Vinte agrupacións musicais reuniranse nese pasacalles multitudinario que rematará na praza das Coles, onde se celebrará, ata a actuación de Anxo Lorenzo, o tradicional serán, o xermolo, hai dez anos, da Foliada.

Mostra de artesanía

Durante toda a fin de semana, estará aberta na praza do Convento unha mostra que reunirá a artesáns de toda Galicia en vinte postos que abarcan dende instrumentos tradicionais e traxes rexionais a artesanía en pedra e coiro. A animación de rúa da man de grupos musicais acompañados por xigantes e cabezudos será outra constante en Melide mañá e do domingo, xornada esta última que, antes dos concertos de despedida, ofrecerá outra das citas imprescindibles da Foliada: a exhibición de bailes tradicionais.

Ata entrada a madrugada

Anxo Lorenzo, a Magnifique Band e Cé Orquestra Pantasma actuarán na praza das Coles a partir das doce da noite

A partir das sete da tarde

En igual escenario sucederanse Caxade e Radio Cos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Arranca hoxe a Foliada melidá cunha velada de música, teatro e baile sábadodomingo