Pacho Blanco e Zé Paredes gañan o premio Rafael Dieste de teatro

la voz

Un texto don dobleces escrito a catro mans. Esta a peza de teatro da recén fallada edición do premio Rafael Dieste de teatro que convoca cada dous anos a Deputación da Coruña. O título da obra é Teatro ou xeitos de cargar unha arma e os seus autores son Zé Paredes e Xosé Manuel Pacho Blanco.

Argumentos do presente, personaxes con pouca capacidade de decisión, un punto de comedia e a utilización da ironía e do sarcasmo son algúns dos elementos que, segundo o xurado, conforman a peza gañadora que suporá para os autores 6.500 euros máis a edición do texto.

O xurado salientou tamén a particular disposición da obra en dous planos narrativos, un no que conta as situacións de dúas parellas nun tono próximo á comedia e outro plano no que se ofrecen instruccións sobre como se debe montar e manexar unha arma. O xurado explicou que estes dous planos son contrapostos.

Xosé Manuel Pacho Blanco foi gañador do premio de teatro radiofónico do Diario Cultura da Radio Galega e tamén foi, en narrativa, gañador do premio Torrente Ballester no ano 2007. Zé Paredes é dramaturgo, director e actor afincado en Compostela.

Pero esta peza non é a primeira na que traballan xuntos os dous escritores. Segundo Paredes «levamos dous anos traballando nela e temos un sistema no que nos complementamos e cada un asume un papel na historia e en escribila».

En canto a unha posible representación desta montaxe, Zé Paredes apunta que cando se escribe «a intención é sempre poder representalo e que no público poida velo». Pero tamén apunta que este ano, por primeira vez, o premio Rafael Dieste non ten entre a súa dotación a axuda para a súa montaxe.

Con esta circunstancia o director considera que a súa posible montaxe «depende moito do que suceda coa política de axudas, de que se resolvan das axudas á produción e tamén de que haxa espazos nos que se poidan representar a obra».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Pacho Blanco e Zé Paredes gañan o premio Rafael Dieste de teatro