«Nesta ocasión branco e en botella non quere dicir folk»

Tamara Montero
tamara montero SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Roi Casal mestura a música tradicional e o pop rock nas súas actuacións.
Roi Casal mestura a música tradicional e o pop rock nas súas actuacións. álvaro ballesteros< / span>

Presenta na Quintana un disco de «música galega»

10 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Esta será a primeira noite que Roi Casal actúe na praza da Quintana sen estar acompañado de Milladoiro, banda que deixou para comezar a súa carreira en solitario no 2009.

-¿Que se vai atopar a xente?

-Vaise atopar unha banda madura despois de case catro anos de xira e dous discos. O primeiro foi Lendas douradas, que foi o que colocou á banda no primeiro plano musical en Galicia e foi o disco máis vendido no 2009 para sorpresa de todos. Continuamos ata Maxicamente vello. Hoxe tocamos nunha nova fase do proxecto de 12 persoas que fan posible a xira.

-Pero non será un concerto de música tradicional ao uso.

-A xente ve un arpista que era de Milladoiro e di «branco e en botella, folk». [Ri] Pois non, branco e en botella non dá folk neste caso, porque se fose así non marcharía de Milladoiro, porque baixo o meu criterio é unha das mellores bandas de folk do mundo. O que tiña claro é que o meu punto de vista da música non era o mesmo e decidín facer a miña aposta. Sempre digo que a música galega é basicamente música de festa, e a miña banda e mais eu queremos seguir transmitindo iso.

-¿Como?

-Queremos demostrar que coa música feita neste país se pode facer tanta festa e a xente o pode pasar tan ben como outros formatos. Será música galega pero non folk, porque collemos a música tradicional e podemos convertela en radiofórmula. Moita xente di que é música comercial. Se significa que a xente lle gusta e a compra estou de acordo. Se significa que non ten un pouso musical detrás non estou de acordo, porque a nosa é unha proposta moi elaborada. É unha música para todos os públicos.

-Semella que hai un rexurdimento da música en galego.

-Creo que iso era unha burbulla inflada polas subvencións. Non había un mercado real, pero é certo que os que sigan agora teñen moito mérito. Sempre o digo, o día que nos concertos non me veñan ver ou non merquen o meu disco terei que dedicarme a outra cousa. Eu estou en contra da política de subvencións polo mero feito de estar en galego, ten que haber máis criterios. Esa política fixo máis mal que ben.

roi casal músico

22.00 horas. A Quintana. Comparte escenario con Mayalde e Rosa Cedrón. El toca ás 00.00.