«Hai familias cunha disfunción que non cren ter un problema»

Tamara Montero
tamara montero SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

GONZALO IGLESIAS

Coordinou con María Dolores Fernández un libro sobre como tratar aos menores cunha situación de crise

03 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Un total de 16 especialistas de toda España colaboraron no libro Menores en crisis: Propuestas de intervención y medidas reeducativas que, coordinado pola profesora da USC María Dolores Fernández Tilve e polo presidente da Asociación de Pedagogos e Psicopedagogos de Galicia, José Manuel Suárez Sandomingo, aborda o traballo con menores que están a pasar por unha situación de crise.

-¿Que aporta este volume?

-Unha perspectiva nova no traballo con menores. Ata agora falábase de desamparo, conflito social... Agora emprégase o termo crise porque pasan por momentos críticos como o acoso escolar ou a desestruturación familiar. Este asunto nunca se abordara antes dende a perspectiva do menor e ademais hai menores que non se poden encaixar nos servizos sociais porque o seu problema non é competencia dos servizos sociais, teñen que acudir a servizos especiais.

-É un volume para profesionais.

-Si, pero abrangue a moitos profesionais, como psicólogos, pedagogos, avogados, traballadores sociais, xulgados de familia... Componse dunha parte onde se enuncia o tema crítico e outra na que se aborda a intervención profesional.

-Di que hai casos que non deben tratarse nos servizos sociais. ¿Que alternativas hai?

-No ano 1996 a Xunta creou un programa de orientación familiar no que por exemplo, no caso da ruptura familiar, asesoran sobre a custodia compartida ou para non usar os fillos como arma. Ademais, hai un avogado e un traballador social. Tamén naceron iniciativas na esfera privada, que agora traballa con esa perspectiva de atención familiar integral.

-E cifran en 8.000 os menores en Galicia en situación de crise.

-Poderiamos dicir que son máis, porque 8.000 son os que teñen expediente aberto e a parte invisible destas situacións adoita ser moito maior que a visible.

-¿Por que non piden axuda?

-Hai familias que teñen unha situación disfuncional pero non consideran que teñen un problema, non o valoran como tal.

José Manuel Suárez pedagogo e educador social