«Recordo ir no coche de meu pai escoitando teatro radiofónico»

m.b. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

24 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Evaristo Calvo, actor e director cunha das carreiras profesionais máis prolíficas, dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do sexto Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG). Baixo a súa dirección un cadro de actores e actrices dramatizará os textos seleccionados polo xurado, 4 dos 51 presentados, que serán emitidos en marzo nos distintos programas da Radio Galega para abrir as votacións por parte da audiencia. Evaristo Calvo pensa que «non hai moita diferenza entre estas dramatizacións e como se facía antes o teatro radiofónico. Si cadra, a diferenza ven dada máis polos textos, que son contemporáneos e entón tirábase máis dos textos clásicos». Evaristo recorda que «no teatro radiofónico facíanse moitas adaptacións de narrativa, con textos moi bos, cousas de Alejandro Dumas e Mark Twain. Cando tiña dez anos, recordo ir no coche do meu pai escoitando teatro radiofónico».