«Téñolle moito cariño ao premio Figueiredo e tamén a Rianxo»

E. forján negreira / la voz< / span>

SANTIAGO

20 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O catedrático de Xeografía e Historia e escritor barcalés X. Amancio Liñares Giraut vén de gañar o Premio Modesto R. Figueiredo de relatos, que concede anualmente a Fundación Pedrón de Ouro, desta volta coa colaboración do Concello de Rianxo, na conmemoración do 125 aniversario de Castelao. Trátase do relato Corografía Obama, onde o autor xoga con historias entrelazadas, onde aparecen os atentados do 11 de setembro en Nova York. Recibirá mil euros en metálico e verá publicado o seu texto. É a segunda vez que recibe este premio «xa que a vez anterior foi en decembro de 1984, e daquela fallouse no Concello de Boiro». Amancio Liñares recoñece terlle «moito cariño» ao Modesto R. Figueiredo «xa que ten moito prestixio dentro do que é o ámbito da novela curta, ademais do significado que ten para min que a entrega sexa en Rianxo, a terra dos inmortais Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste», explica.