«Vexo moitas similitudes entre o meu país e Galicia»

j. g. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

11 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Soprano, pianista e docente de música e canto, Makiko Kitago ofreceu dúas intensas xornadas con sesións individuais e grupais na libraría Aenea, que terán continuidade en xaneiro. Pretende formar un coro, alén de ensinar «todo o que sexa relacionado coa voz: convencer a persoas que pensan que non teñen capacidade para cantar como si o poden facer; axudar a outras con problemas de respiración, ou como poden enfrontar os seus medos», afirma. Para favorecer que exerzan «o dereito de gozar coa propia voz». Actuou no último Festival dos Abrazos e di que adora Compostela, e que «vexo moitas similitudes entre o meu país e Galicia: no sentimento, na forma de pensar, en que somos persoas devoradoras de polbo, na paisaxe, na retranca, mesmo na música popular». Sorprende ao falar un magnífico galego, un dos varios idiomas que coñece, pois esta xaponesa de Osaka ten tamén dotes de políglota.