Isaac Fernández gana o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía

dodro / la voz

SANTIAGO

11 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Casa de Cultura de Dodro acolleu onte do fallo do XXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, outorgado por unanimidade á obra Con Gume de folla Húmida, firmado por Isaac Xubín (Isaac Fernández Fernández), nado en 1978 en A Coruña. O xurado destacou a «tensión poética mantida ao longo do poemario», que permite «a fluidez dos versos de xeito natural, cunha mestura da lingua, do tempo e da terra».

Tamén salientou «o amplo bagaxe lingüístico sen exhibicións e naturalidade». O xurado do premio tamén destacou «a calidade en xeral das obras presentadas», así como o elevado número, o que pon de manifesto a importancia que este certame ten no ámbito da literatura galega, segundo din dende o Concello de Dodro, que é o que convoca o certame poético.

Despois do fallo, houbo unha ofrenda floral no cemiterio de San Xulián de Laíño, no que repousan os restos de Eusebio Lorenzo Baleirón. Ademais do xurado, acudiu o irmá do poeta e amigos. No acto leuse un poema.