«O mito é un recurso común do imaxinario colectivo»

m. b. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

17 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Despois de varios anos sen expor en Compostela, a pintura de Manolo Figueiras retorna á Galería Citania cunha serie de gravados baseados na idea da recreación dos mitos, da mitoloxía clásica, a cristiá e as mitoloxías orientais. O artista explica que a mitoloxía segue presente na súa pintura, «porque o mito é unha especie de recurso común que está sempre no imaxinario colectivo. É un tema recorrente na historia da arte, pero precisamente por iso decidín abordalo e facer esta serie». Este creador galego, fillo de emigrantes, confesa que ese apego ao mito non ten nada que ver co feito de que nacera en México, aínda que «non nego que pode haber certa influencia, porque hai artistas mexicanos, como Frida Kahlo ou Diego Rivera, e a arte precolombina, interesáronme sempre». A exposición de Manolo Figueiras será clausurada o 2 de decembro nun acto no que será presentado un cartafol con dous dos seus gravados.