«O amor é o ingrediente máis importante nunha cociña»
Pereira ofrece os seus servizos de cooking coach na rede
santiago / la voz
Álex Pereira (Barreiro, Portugal), máis coñecido como El coachinero é un artista e deseñador reconvertido a chef, que empezou recentemente o seu proxecto de cooking coach, para levar a súa sabedoría e creatividade aos fogares composteláns.
-A súa nai é cociñeira profesional, ¿que aprendeu dela?
-Dela non aprendín técnicas de cociña, porque a miña nai é unha muller da xeración antiga, que cren que os homes non valen para cociñar.
-¿Como empezou entón?
-Cando era neno quería facer biscoitos, e miña nai en contra súa deixabáme facer algún. Eu sempre miraba e observaba, porque sempre fun moi curioso, e así fun aprendendo.
-A súa formación é no mundo da arte e o deseño, ¿como a transporta á cociña?
-A gastronomía é outra forma de expresión artística, e todo o que ten que ver con composición, forma, e texturas reflíctese na miña cociña.
-¿Cal é a función dun «cooking coach»?
-É basicamente un adestrador. A xente que ten un coñecemento e unhas experiencias vividas debe compartir iso para axudar a outros a desenvolver as súas competencias. O meu obxectivo é axudar a desmitificar iso de que só Adrià pode ser chef. Cada un ten un chef dentro de si.
-Tamén fai «coaching» de compra, ¿en que consiste?
-O meu obxectivo é achegarme a cada persoa dentro das súas posibilidades. Por exemplo, podo facer isto con estudantes, ir á súa casa, e cos produtos que teñan desenvolver a súa creatividade.
-¿Que ingrediente non pode faltar nunha cociña?
-O amor é o ingrediente máis importante. Se un está cabreado é moi difícil que saia ben.
-Fixo un show cooking de sushi galego, ¿como se fai iso?
-A min gústame a cociña xaponesa, e esta sempre se viu como algo elitista. O sushi pode facerse con calquer cousa, e eu collín produtos típicos da cociña galega, como o queixo do país ou as luras e fixen isto.
-¿É vostede un revolucionario?
-Idealista. Agora son máis un re evolucionario, un conspirador para un mundo mellor.
álex pereira chef e formador de cociñeiros