Ábrese o prazo para propostas ao Premio Ramón Piñeiro Facer País

santiago / la voz

SANTIAGO

30 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A asociación cultural Val de Láncara presentou onte a convocatoria do X Premio Ramón Piñeiro-Facer País. Este galardón, instituído en 2002, recoñece o labor dunha persoa ou entidade galegas a prol do desenvolvemento de Galicia. O premio consiste nunha obra realizada por un artista galego.

Para este concurso cada asociación cultural poderá propoñer ata un máximo de cinco candidatos, que terán que remitir á asociación antes do día 20 de agosto. O xurado, composto por representantes de diversas asociacións, emitirá o seu fallo o día 27, aniversario do pasamento do galeguista Ramón Piñeiro. Entre os premiados de anteriores edicións están Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro e a RAG.