16 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
A horta da Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, acolleu onte, 15 de xullo, o solemne acto de conmemoración do 126 aniversario do pasamento da escritora. Personalidades da vida cultural, política e social galega déronse cita nunha lembranza que reuniu a un bo número de fieis rosalianos. Ademais de poesía e música, a entidade deu a coñecer o número catro da revista de Estudos Rosalianos. m. ares