Última hora:
La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

«A república de homes libres é previa ao feudalismo»

m. beceiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

15 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Repúblicas de Homes Libres. A Terra de Santiago antes de Compostela é o título da conferencia que o director do portal culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, deu onte no local da Agrupación Cultural O Galo.

As Repúblicas de Homes Libres a que se refire Manuel Gago alude, segundo explicou, «a unha forma de goberno anterior ao feudalismo en Galicia. Na alta Idade Media en Galicia hai un termo que aparece moitísimo, Rex Publica Ingeniorum, o goberno dos homes libres ou nacidos na gens. Ese termo refírese á estrutura social que desapareceu co feudalismo». Esta etapa da historia de Galicia é unha época moi descoñecida, por iso o profesor de Ciencias da Información tratou coa súa conferencia de «buscar esa época moi descoñecida para a arqueoloxía de Galicia, pero da que temos moitas fortificacións nos altos dos montes».