Arzúa celebrará o Día das Letras con música tradicional e una conferencia sobre o galego

arzúa / la voz

SANTIAGO

15 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Unha conferencia sobre a evolución da política lingüística en Galicia nos últimos quince anos abrirá mañá a programación deseñada polo Concello de Arzúa para conmemorar o Día das Letras, dedicado este ano ao poeta monfortino Lois Pereiro. O telecentro da localidade acollerá, a partires das oito e media da tarde, a charla, que ofrecerá, aberta ao público, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

O propio día da festividade, o martes 17, celebraranse os actos centrais, que ofrecerán aos veciños as actuacións do grupo de gaitas As Sobreiras do Ulla, e da banda de música e do grupo de baile tradicional da vila. A praza de Galicia será o escenario da cita musical a partires das cinco e media da tarde. Unha exposición ao aire libre sobre o autor homenaxeado, recitais e o reparte de agasallos da campaña «Celébrao. Arzúa fala galego» completan a programación.