«A paixón polo debuxo fíxome deixalo todo para vivir diso»

C.P. santiago / la voz

SANTIAGO

26 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O artista grovense Gogue repite exposición en Compostela. Parte das obras que estiveron na Biblioteca Ánxel Casal pódense ver agora no club Dado-Dadá, onde presenta unha serie de caricaturas a cor de personaxes da música e do cine, recoñecibles e identificables como Mick Jagger, Marilyn, Elvis Presley, Johnny Deep no seu personaxe de Jack Sparrow ou James Stewart. Gogue asegura que a súa paixón polo debuxo xa a tiña de neno, «mesmo traballei nunha empresa pola miña facilidade para debuxar, ate que decidín vivir disto, hai máis de trinta anos, cando había poucos caricaturistas». Agora debuxa nunha pantalla cun lapis óptico, e as súas colaboracións na prensa viaxan polo mundo a traveso do seu portal de Internet, «que me abriu moitas posibilidades, encargos como a portada da biografía dun lendario xogador de rugby de Filadelfia ou ser convidado a impartir máster class na Moorhead University de Minnesota».