«Cada día hai 8.000 mortes por seis doenzas esquecidas»

J. gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

17 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A campaña «Pastillas contra el dolor ajeno», iniciada en novembro do 2009 por Médicos sin Fronteras, conseguiu vender máis de 100.000 envases de caramelos de menta en farmacias galegas e 2,8 millóns no conxunto de España. Esta iniciativa solidaria foi presentada onte na cidade por María Díaz, delegada da oenegué para o Noroeste.

-O de informar, sensibilizar e implicar á sociedade na loita contra a sida pediátrica, a tuberculose, a doenza do sono, Chagas, malaria e kala azar. Cada día hai 8.000 mortes por estas seis doenzas esquecidas, que poden ser tratadas e na maior parte dos casos teñen cura. Non se tratan, e moitas persoas que as padecen non teñen acceso aos medicamentos que lles poderían salvar a vida. Nós queremos que a sociedade se implique e axude, mercando estes envases de pastillas, que se venden nas farmacias por un euro.

-¿Que se fai coa recadación?

-É distribuída en varios proxectos para tratar estas doenzas. Médicos sin Fronteras traballa na India, na asistencia do kala azar, un mal endémico no país, que ten un tratamento bastante caro, sobre todo porque non hai sanidade pública gratuita e moitas persoas que a padecen non teñen recursos, son os pobres entre os pobres. E en todos os nosos proxectos abordamos a malaria, moi común. Un euro, que é o prezo dun envase desta nosa campaña, permite tratar tres nenos doentes de malaria.

-¿E a sida na infancia?

-O custo dos fármacos para a sida é superior, certamente, e para conseguir tratar un caso hai que xuntar a venda de moitos envases.

-¿Hai moita presenza galega en Médicos sin Fronteras?

-Temos un grupo de apoio de 15 persoas, a maior parte profesionais sanitarios, que colaboran nos fins da nosa organización.

-¿Participan en moitos proxectos solidarios?

-Hai médicos galegos e persoal de enfermaría que traballan ou traballaron en algún proxecto de loita contra esas doenzas esquecidas. Un deles estivo na India, tratando a kala azar; e varios enfermeiros traballaron en proxectos de enfermidade do sono.

-¿Dedican moito tempo a ese labor solidario?

-A primeira vez que se sae hai que dedicar un mínimo de 6 meses, para a adaptación ao país e á forma de traballar. Despois, ante emerxencias, como a de Haití, van ao mellor menos tempo, un ou dous meses.

-¿Facilitan a súa participación as empresas?

-O Sergas, onde exercen a maioría, non puxo problemas a ningún médico que quixo traballar, cando se lle pediu.

-¿Que fin ten esta campaña?