Chévere estrea a terceira parte da súa montaxe «Citizen» o xoves próximo

santiago / la voz

SANTIAGO

30 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A compañía teatral Chévere estreará o próximo xoves a terceira parte do seu último espectáculo Citizen, inspirado no Citizen Kane de Orson Welles. Citizen Terceira Parte estará en cartel ata o día 20 de febreiro, de xoves a domingo. Esta terceira e derradeira parte está protagonizada por Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo e Iván Marcos, e dirixida por Xesús Ron.

Para este espectáculo, a compañía Chévere contará coa colaboración de Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Lidia Senra e Fernando García Tobío. Citizen Terceira Parte está ambientada nunha época convulsa que se corresponde co presente. A obra conta a historia dun suposto empresario galego do sector téxtil que se converte nunha das persoas máis poderosas no último terzo do século XX.