Carracedo arroupa a Jorge Mira na presentación do seu libro en Santa Comba

La Voz SANTA COMBA/LA VOZ.

SANTIAGO

19 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A presentación en Ler Librerías, de Santa Comba, o pasado venres, do primeiro libro do físico Jorge Mira, natural de Baio (Zas), foi un acto moi ameno, pero sobre todo «especial» para o autor polos vínculos que lle unen coa capital do Xallas, onde adoita disfrutar da movida nocturna, e polo que os veciños de Baio enfádanse, dixo, «por promocionar» máis a Santa Comba no seu programa de televisión. Tamén foi especial pola presenza do investigador Ángel Carracedo, oriundo da localidade, prologuista de A ciencia no punto de Mira.

Carracedo salientou que a ciencia «ten que chegar á xente», recomendado a súa lectura «porque vano a pasar de marabilla, xa que en cada capítulo acaba quitando un consello». Para Mira, foi unha honra que Carracedo prologase o libro, xa que «é o investigador máis importante que hai en Galicia, e un dos máis influíntes e recoñecidos a nivel mundial, e aquí ninguén se entera».