Luís Valle Regueiro gaña en Dodro o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón


padrón |

O Xurado do XXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro, reunise onte para o fallo do certame. Por unanimidade, acordou outorgar o premio ao traballo presentado baixo o lema Palabras e palabras e palabras. Aberta a plica, resultou gañador o mozo Luís Valle Regueiro, que xa ten conseguido outros premios de poesía.

Neste caso, o xurado destacou a profundidade temática, a orixinalidade das imaxes, a musicalidade e un impecable coidado da lingua.

Ademais, os membros do xurado salientaron a calidade en xeral das obras presentadas así como o elevado número (45) das que concorreron a este certame, o que fala da importancia que o premio Eusebio Lorenzo Baleirón ten no ámbito da literatura galega.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos

Luís Valle Regueiro gaña en Dodro o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón