«O noso obxectivo é ser solidario coa persona que exerce a solidariedade»

Begoña G. Rielo

SANTIAGO

02 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Paula López Fidalgo (Trazo, 1953) estudou Maxisterio, pero o seu destino non era ser mestra. O seu fillo é propietario de dúas casas rurais en Trazo pero recoñece que é ela a que disfruta do negocio.

-¿Como describiría as súas casas?

-A casa de Piñeiro está absolutamente no medio do campo, e conserva as dependencias tal cal as tiña o seu antigo morador, iso si, adaptadas ás necesidades actuais. A de Fonde do Barro ten unhas características similares á primeira. Ambas teñen unha capacidade para sete persoas e están dotadas de todos os servizos.

-¿Que as distingue?

-A xente dime que nas nosas casas se ve moito cariño, que son casas postas con mimo.

-¿Como xorde o proxecto de Casas Rurales Solidarias?

-Este proxecto naceu fai uns dous meses da man do compañeiro de Castellón, o dono da Casa Rural Solidaria Don Luis. Coñecémonos a partir doutra asociación e foi aí onde nos propuxo participar neste proxecto solidario, e hoxe xa somos trinta e oito.

-¿En que consiste o proxecto?

-O noso obxectivo é ser solidario con quen é solidario. Os doantes de sangue ou de órganos, xente que participa en actividades de voluntariado ou que son membros de oenegués teñen un desconto nas nosas casas dun 10% mínimo sobre a reserva. Ademais, o visitante ten a opción de ingresar o 15% do importe da reserva nunha oenegué, que se lle desconta co xustificante.