Cineuropa presume de festivais

Camilo Franco

SANTIAGO

O mércores comeza a cita cinematográfica compostelana que promete un repaso ás películas máis recoñecidas nos certames europeos de este ano

31 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

No sentido máis aberto Michael Haneke e Michael Moore andan ao mesmo. Están molestos co mundo que lles tocou e cada un enfoca contra a parte que lle parece máis escandalosa.

Son dous dos exemplos da programación de Cineuropa que este ano, entre outras cousas, non regalará eses libriños que de tanto de balde acababan repartidos polas estanterías, polas guanteiras dos coches, polas cafeterías que rodean ao Teatro Principal e tamén nos cuartos de baños para aliviar as tensións da hora all-bran. Pero o fetichismo do libro non pode ser gratis.

Como levalos para calquera sitio era de balde esa mesma sociedade que tanto lle gusta retratar a Haneke e a Moore estiraba a man e aprendía as sinopse cada día estreando volume. Este ano ao estirar a man haberá que poñer unha moeda de cincuenta céntimos para que a viaxe non sexa en balde. Tampouco hai que apurarse, os compradores de bonos terán o libro do festival como de toda a vida: gratis.