O Cineclube Compostela abre as sesións cun filme de Kaurismäki

La Voz

SANTIAGO

07 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A primeira longametraxe de ficción do director finés Aki Kaurismäki, Crime e castigo , abre esta noite a temporada de sesións do Cineclube Compostela, que adianta as proxeccións ás 21.30 horas dos mércores, o día habitual da súa cita cos cinéfilos no centro social do Pichel, no 12 de Santa Clara.

Kaurismäki é un dos directores de culto deste club de cine, que dende os seus comezos ven programando filmes deste realizador. Crime e castigo , realizada en 1983, é unha adaptación na novela de Dostoievski, e a acción transcorre a Helsinki. Unha das razóns pola que elixiu esta obra literaria foi que Hitchcock dixera que era moi difícil de levar ao cine, e propúxose comprobalo.

O éxito de crítica non lle chegou ao cineasta finés ata que, anos despois, realizou Ariel e A rapaza da fábrica de mistos , películas nas que están as constantes que son evidentes, segundo os programadores do Cineclub Compostela, en este Crime e castigo .