A manifestación da Mesa prevé xuntar unhas 20.000 persoas

La Voz

SANTIAGO

17 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza unha manifestación baixo o lema O galego, a nosa columna vertebral . Partirá por volta das 12.00 horas da Alameda, e finalizará na praza da Quintana. Polas adhesións recibidas, de persoas individualmente e de asociacións, prevén xuntar unhas 20.000 persoas.

No final do acto será lido un manifesto polo veterano galeguista Avelino Pousa Antelo, as escritoras Yolanda Castaño e Teresa Moure, o avogado Nemésio Barxa, e Brais Fernández, este último un traballador de Burela «acosado por defender o dereito a utilizar o galego». Tamén intervirán Carlos Callón, presidente da Mesa; un grupo de regueifeiros comandados por Luís Caruncho, e a cantante Mercedes Peón.

Actividades

O mal tempo interferiu nas actividades programadas onte na cidade. Non obstante as Letras Galegas tiveron presenza nas rúas e en numerosos locais, con propostas impactantes como a «Conspiración dos poetas».

O Centro Comercial Compostela fallou o segundo concurso de teatro infantil: gañaron o colexio dos Remedios de Santiago e o Sagrado Corazón de Lalín.