A Mesa expón en Bruxelas a actual situación do galego

La Voz

SANTIAGO

23 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, manterá mañá diversas reunións no Parlamento europeo, en Bruxelas, para expor a situación actual da lingua galega.

A Mesa valora que o novo mapa de linguas da UNESCO reflicte unha mudanza de metodoloxía na súa elaboración, e afirma que o galego, en 12 anos, pasou de ser o idioma inicial do 60% da poboación a só do 20%.