O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, recaeu en Xabier Xil Xardón

U.L.

SANTIAGO

17 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Tras unha «longuísima deliberación» de casi dúas horas, o xurado do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón escolleu a obra Cando menos a derrota, de Xabier Xil Xardón, como a gañadora desta edición do certame, nun acto celebrado o pasado domingo aínda que o Concello non fixo público o fallo ata onte. A esta edición presentáronse un total de 33 traballos, dos que cinco foron descartados por incumprimento das bases. Tres foron os finalistas e todos cunha «gran calidade media». O concelleiro de Cultura de Dodro, o nacionalista Anxo Franco, asegurou que «é toda unha honra para este humilde premio que o gañen escritores aínda semi-descoñecidos que logo se consagran na poesía galega». Xabier Xil recibirá un cheque de 2.300 euros polos dereitos de autor.