«É moi importante que a nosa música estea viva nos pequenos»


Uns 280 mestres e músicos abarrotan o Auditorio de Galicia coa celebración da terceiro Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega. A Asociación de Gaiteiros Galegos, que agrupa a máis de 600 socios, da que Oli Xiráldez é directivo, organiza este tradicional evento que anualmente reúne en Santiago a profesores de educación primaria e secundaria que demandan material relacionado coa música tradicional no ensino.

-¿Por que os mestres galegos non teñen un temario de música tradicional?

-Eu non sei cal é a orixe do problema, por que se estuda a música en xeral pero non a música de aquí, pois hai moitos mestres coa inquietude de ensinarlle aos nenos os nosos cantos de berce en vez dos cantos de berce en castelán. É moi importante que a nosa cultura, a nosa música, estea viva nos pequenos porque ao paso que nos estamos globalizando van perder a súa identidade.

-¿Hai moita inquietude entre o profesorado con esta cuestión?

-Si. A proba é que para o congreso tivemos 280 inscritos pero quedaron fora máis de 200 persoas. Ou sexa, temos sobre 500 persoas. interesadas. Uns 60 inscritos proceden da música tradicional, o resto son mestres de primaria e secundaria.

-¿Cales son as demandas que se van abordar neste congreso?

-Sobre todo a inclusión da música tradicional no ensino obrigatorio e nos conservatorios

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«É moi importante que a nosa música estea viva nos pequenos»