O Conservatorio Histórico recibiu o Premio aos Valores Cooperativos

La Voz

SANTIAGO

06 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Conservatorio Histórico de Santiago obtivo onte, en Ribadeo, o Premio aos Valores Cooperativos que outorga o Consello Galego de Cooperativas. O centro educativo recibiu o seu galardón no decurso dos actos conmemorativos do Día Internacional do Cooperativismo que se celebraron na cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo coa asistencia de máis de 1.200 cooperativistas de toda Galicia. Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais, presidiu o acto.