«Unha satisfacción miña era ver no bar a fillos de estudantes que foron os meus primeiros clientes»


Polo Azul da época de Moncho non só pasaron varias xeracións de estudantes, moitos dos cales seguen indo por alí agora que son profesores, catedráticos e mesmo presidentes autonómicos, porque Emilio Pérez Touriño «foi un gran cliente desta casa». Ou o profesor Miguel Cancio, «ao que súa nai lle mandaba aquí paquetes, e que segue vindo todos os días». Un dos recordos que garda con maior satisfacción «é que viñeran fillos dos estudantes que foron os seus primeiros clientes».

Tamén era un lugar de referencia para tratantes e paisanos cando a feira era en Santa Susana. E dos madereiros, «que facían aquí as transaccións, ate o punto de que lles gardábamos nós os cartos».

Entre os composteláns ilustres que lembra detrás da barra figura o actual arcebispo, «que veu tomar café un día, recen nomeado, e quen viña moito era o actual bispo de Ourense, Luís Quinteiro, os irmáns de Rouco Varela e o seu secretario».

Tamén é fácil atopar a políticos neste café. Moncho asegura que sempre tomaron café «todos os alcaldes e moitos concelleiros de todas as cores e ideoloxías». Lembra ter servido e saudado a Santiago Carrillo, Javier Arenas, Marfany, Fernández Moreda ou Victorino Núñez entre outros moitos, así como a Mariano Rajoy, «pero na época na que aínda era estudante, e sentaba sempre na mesma mesa». Pero un personaxe que deixou a Boullón «alucinado, pola súa finura e educación» é El Lute, aquel delincuente que estudou leis no cárcere e escribiu un libro. Cita a escritores que estiveron no local como Saramago e Aranguren, e ten un recordo especial para o seu cliente máis antigo, que morreu hai tres meses: «viña todos os días tomar o café, e xa dende a época do meu sogro».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Unha satisfacción miña era ver no bar a fillos de estudantes que foron os meus primeiros clientes»