O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, subliñou na presentación que o máis relevante desta iniciativa «é o seu alcance humano, porque o teatro popular é unha das vértebras da comunidade histórica e actual». Estivo acompañado do decano e o vicedecano de Ciencias da Educación, Lois Ferradás e Xesús Rodríguez, e o coordinador de Artes Escénicas da Consellería de Cultura, Xavier Campos.