«Paseime á produción ecolóxicapara darcalidade e polo medio ambiente»

P. V.

SANTIAGO

02 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Leandro Quintas (Santiso, 1937), potente empresario gandeiro que acapara na súa explotación nada menos que 922.000 quilos de cota láctea, é tamén o activo sindicalista que preside USAG (Unión Sindical Agraria galega). Crítico coa Administración e cos demais sindicatos, responde sempre á pregunta de cando se vai xubilar cun «cando acabe con vós» Viviu a súa infancia preto das minas de Fontao e foi parar a Avilés, onde estudou para delineante mecánico. -¿Como se fixo gandeiro? -Meu avó era de Basadre (Agolada), e as primeiras fincas da miña explotación en Palas eran propiedade de parentes de Agolada. Foron a base que fun aumentando en catro anos, nos que merquei as fincas lindeiras a 2.000 pesetas o ferrado. Era monte a máis de 5 quilómetros de calquera casa. E dixo hai xa 33 anos. -Foi un dos primeiros gandeiros en crear base territorial, e agora en producir leite ecolóxica. ¿Considérase un pioneiro? -Para ser pioneiro hai que crer no que se fai. E decidín pasarme á produción ecolóxica parar darlle calidade ao consumidor e por sanear o medio ambiente do planeta. -¿É vostede ecoloxista? -Cando menos colaboro coa maneira de levar o traballo na miña finca, e outros fano noutra parte do mundo con outras actividades. E tamén colaboro con Greenpeace dende hai anos con una pequena cota, porque se fose novo iría parar barcos.