Mostra de orixinais de ilustracións do conto «A princesa do Caurel»

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

RAQUEL CASTRO

05 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Na Biblioteca Fundación Caixa Galicia inaugurouse unha exposición de orixinais de ilustracións do conto para nenos A princesa do Caurel , que tamén lle pon o título á mostra que se poderá visitar ate o día 30. O conto escribiuno Marisa Núñez e as ilustracións son de Javier Solchaga, que presenta ilustracións tridimensionais realizadas con materiais reciclados como botellas, madeira, pedras e arames. O libro foi seleccionado para os premios White Ravens, que elixe os libros infantís e xuvenís de máis interese do mundo. A mostra abriuse coincidindo coa visita dos alumnos de cuarto de primaria do colexio Peleteiro. Este mes, os nenos tamén teñen asistir ás proxeccións diarios do ciclo A biblioteca de Tintín .