Os ensinantes de música e baile tradicional celebran un congreso

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

30 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza os vindeiros días 18 e 19 en Santiago o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional. O obxectivo fundamental é reunir aos principais actores do ensino da música e baile tradicional -profesores de educación primaria e secundaria, conservatorios e ensino non regrado- nun marco que permita a discusión das futuras liñas a seguir para que o patrimonio musical galego sexa posto en valor e transmitido dun xeito moderno e eficaz ás novas xeracións. A AGG pretende tamén chamar a atención sobre a importancia socioeconómica que o sector do ensino da música tradicional galega ten na nosa comunidade. A este respecto exporanse as conclusións do estudo que a fundación Son de Seu ven de realizar para documentar a actividade de tódolos ensinantes dedicados a este eido.