Nin Carmen Thyssen, coa súa colección, lle gañou á mexicana

La Voz

SANTIAGO

30 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O grande éxito de público que acadou Frida Kahlo non o superou en Compostela nin sequera a baronesa Carmen Thyssen cando cedeu unha parte da súa importante colección para unha exposición que se veu no CGAC en 1999. Foi unha selección de obras reunidas baixo o título Do impresionismo ao fauvismo: a pintura do cambio de século en París. Aquela montaxe rexistrou, entre abril e xullo, máis de 64.000 visitantes, en pleno ano xacobeo e cun trasfego de autobuses de centros escolares e da terceira idade chegados de toda Galicia coa promoción da Consellería de Cultura En Frida Kahlo non só é relevante a súa obra pictórica. Tamén os seus debuxos e o gran número de retratos seus que se conservan, por non en balde era filla e neta de fotógrafos. O relevo na sede da Fundación Caixa Galicia vaino tomar outra interesante exposición: El retrato español en el Museo del Prado. Del Greco a Goy a. A mostra inaugura en Compostela unha itinerancia por catro autonomías máis, e achegaranos 60 pinturas de artistas tan importantes, ademais de El Greco e Goya, como Sánchez Coello, Zurbarán, Velázquez, Ribera, ou Murillo. A achega destes fondos do Museo do Prado concretouse na sinatura dun convenio, a pasado ano, entre a ministra de Cultura, Carmen Calvo, e a Fundación Caixa Galicia.