Estrea dunha coprodución dos centros dramáticos de Galicia e Aragón co Teatro Español


la voz | santiago

O Salón Teatro inclúe na programación prevista ate finais de ano, a maiores de acontecimentos habituais nestas datas como o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán e o de Nadal destinado ao público infantil, dúas novidades teatrais que son estreas en Galicia. Unha é un espectáculo coproducido co Centro Dramático de Aragón e co Teatro Español, Misiles melódicos , e outra a proposta da compañía galega factoría teatro, Os homes só contan ata tres .A montaxe que coproducen os centros dramáticos de Galicia e Aragón e o Teatro Español é unha traxicomedia musical, con texto de José Sanchis Sinisterra e música de Gabriel Sopeña. A dirección do espectáculo é de David Amitin, cun nova posta en escena a cargo de Carlos Martín e a participación das actrices galegas María Salgueiro e Arancha Vilar. As representacións no Salón Teatro serán os vindeiros días 16, 17, 18 e 19, cunha función diaria ás 20.30 horas, agás o 18 que será ás 18.00 horas. A obra inicia despois unha xira por Galicia, na que recalará en escenarios de Pontevedra, Vigo, Ourense, A Coruña, Narón e Vilagarcía.Premio CunqueiroA segunda das estreas anunciadas estará en cartel na sala compostelá que depende da Consellería de Cultura entre o 2 e o 5 de decembro. O texto deste espectáculo de A Factoría Teatro é o gañador da edición do pasado ano do premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais convocado polo Igaem, e o autor é Antón Lopo.O Festival de Teatro Afeccionado, que chega á quinta edición, desenvolverase do 9 ao 13 de decembro coa participación de cinco compañías, entre elas a da Asociación de Mulleres de Moaña. A danza contemporánea ten unha función especial, o 21 de decembro, dedicada a ofrecer algunhas coreografías premiadas en certames estatais. A música clásica ten un oco cun ciclo de tres concertos dedicado a compositores galegos de todas as épocas, organizado entre o Igaem, a Consellería de Cultura e a Asociación Galega de Compositores. O programa ábreo o 1 de decembro o pianista Antonio Queijo, que interpretará obras de Marcial del Adalid, José Baldomir, Juan Durán, Juan Vara e Margarita Viso. Continuará o 22 co grupo instrumental Siglo XXI e pechará o dúo Moryatov. O Festival de Nadal para o público infantil será do 26 ao 30 de decembro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Estrea dunha coprodución dos centros dramáticos de Galicia e Aragón co Teatro Español