Un circuíto cinéfilo formado por catro espazos no casco vello

La Voz

SANTIAGO

28 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?ntre as novidades físicas que este ano ofrecerá o festival a máis salientable para os espectadores será a ampliación de espazos cinematográficos. Segundo a organización do certame, este ano haberá un verdadeiro circuíto cinéfilo no casco vello porque, ademais do Teatro Principal, que será o escenario fundamental do certame, haberá proxeccións na Sala Yago, no Salón Teatro e, por primeira vez na historia do festival, na Fundación Caixa Galicia. Con esta variedade de espazos a organización do festival pretende evitar as concentracións e as colas doutras edicións e ampliar a presenza do festival nas rúas. Lars von Trier, un director que ten sido habitual da programación de Cineuropa, tamén terá protagonismo neste ano e por partida doble. Por unha banda, o festival exhibirá Manderlay , a súa última película. Por outra, Cineuropa rescatou The Kingdom , unha produción tirando a fantástica que Trier realizou e que nunca chegou a exhibirse en salas entre outras cousas porque ten unha duración de nove horas. Tamén estará no programa a cinta gañadora do festival de Sitges, Hard Candy , e Batalla en el cielo , de Carlos Reygadas.