Carrillo dará unha charla no Colexio de Avogados

La Voz LA VOZ| SANTIAGO

SANTIAGO

02 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Santiago Carrillo Solares, secretario xeral do partido comunista español (PCE), pronunciará o próximo día 7, ás 20 horas, unha conferencia no salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. A charla terá por título Apuntes sobre la transición política española. Este acto enmárcase dentro das actividades organiza das polo Colexio de Avogados para este ano no seu foro de opinión «salón de debate». Con ela abre o novo curso.