Escolares de Padrón plantan unha palmeira en honra do 11-M

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

SANTIAGO

Os alumnos lembran as 192 víctimas do atentado de Madrid Encóntrase situada en pleno Xardín Botánico xunto a outras árbores con historia

22 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A comunidade escolar foi protagonista un ano máis dos actos do Día da Árbore en Padrón, promovidos onte polo Concello a través do Xardín Botánico-Artístico da vila. Foi, precisamente, neste recinto onde tivo lugar o momento máis significativo coa plantación dunha palmeira en lembranza das 192 víctimas do atentado mortal de Madrid. Esa árbore, nomeada a do 11M, pasa a formar parte da lista de especies con historia que medran no xardín padronés e que se vai incrementado ano tras ano co Día da Árbore. Unha representación de estudiantes dos catro centros educativos de Padrón compartiron unha xornada chea de actividades que xirou en torno á árbore e ó respeto á natureza, como ven sucendo por este tempo dende o ano 1994 e sempre baixo a cordinación entusiasta do conservador do Xardín Botánico, Carlos Rodríguez Dacal que, ante todo, pretende que o día sinalado sexa unha festa. E así foi. Teatro, poesía, contacontos, danza, canción, música, calquer rexistro é válido para homenaxear á árbore e á natureza e así o demostraron onte os escolares padroneses que encheron o auditorio municipal. O seu traballo e esforzo, así coma o seu éxito en maior e menor medida, tiveron a súa recompensa de modo que o xurado que valorou as actuacións resolveu repartir por igual o presuposto económico deste ano.