Unha concepción da arte que fai mudar a realidade e a ficción


Se o karaoke é unha proposta que racha con estereotipos e abre as portas a novas miradas á arte, non o é menos a segunda das videoinstalacións, coa imaxe da cantante Marta Sánchez de reclamo iconográfico. Jankowski xoga neste traballo coa dualidade, porque vese Marta Sánchez, pero quen canta é Alaska.Este traballo naceu do encargo que lle fixo o Museo de Arte Contemporánea de León a unha serie de artistas para a promoción dun cedé de Fangoria. A Alaska costoulle aceptar un traballo que é unha obra de culto para os seguidores. Os condicionantes da técnica para a comunicación entre dous amantes separados por miles de quilómetros protagoniza a terceira obra. Un chat real entre Jankowski e unha moza súa ao longo de sete días. A transcripción ao sueco do chat reprodúcena día por día parellas de actores, convertendo en arte o cotidiano. A mostra péchase coa grabación da performance que montou Jankowski e un grupo de amigos estudiantes, que irrumpen no escenario e deixanse caer nel como mortos, no que actuaba unha banda sueca que cantaba en play back cancións de Abba. A exposición únense o 1 de abril doce vídeos dos máis relevantes de Jankowski, que se proxectarán, cada tres semanas e en bloques temáticos, en sesións comentadas por tres especialistas españoles na obra deste artista.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Unha concepción da arte que fai mudar a realidade e a ficción