Ruxe-Ruxe leva os sons do seu novo disco, «Fervendo», á Capitol


m. b. | santiago

? banda compostelá Ruxe-Ruxe fará a súa presentación ás dez e media desta noite na Sala Capitol para ofrecer en directo os trece cortes do seu novo disco, titulado Fervendo , que fai o cuarto da carreira musical desta formación nacida hai sete anos nun cortello de Aríns. Así Ruxe-Ruxe parece que quixera demostrar que é necesario situarse en espazos e perspectivas porcinas para ver este «mundo ao revés», a actual granxa orwelliana rexida por «monas impresentables» como dicía hai pouco Lluis Llach, sen distorsións de armas de distracción masiva nin doutro tipo. Porque os trece cortes do novo traballo son outras tantas chamadas á conciencia contra as verdadeiras armas de destrucción masiva: O imperio, os seus intereses e as súas guerras neocoloniais, a destrucción ecolóxica, o paro, a emigración, a violencia de todos os xéneros...A pesar de todo, para Víctor Neira, alma mater da banda de Aríns, non se trata con este novo disco de «facer unha chamada á conciencia, porque non se pode apelar a algo que xa non existe». Polo tanto, segundo el, por enriba de todo hai que «tratar de pasalo ben». E a verdade é que a mestura de rock e sons tradicionais destes nove músicos que non se senten encasillados no bravú é unha festa. Ademais esta noite estarán acompañados por Os Tres Trebóns e outros artistas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

Ruxe-Ruxe leva os sons do seu novo disco, «Fervendo», á Capitol