Trinta obras concorren ó premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, no municipio de Dodro

La Voz U. L. | PADRÓN

SANTIAGO

21 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Arredor de 30 traballos concorren á XVI edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro. O prazo de presentación rematou onte e agora falta sabe-la composición do xurado, designado polo propio goberno local entre personalidades de Galicia vencelladas á poesía e á crítica literaria. En canto ós demais prazos, o fallo farase público o sábado 20 de decembro nun acto que terá lugar na Casa de Cultura de Dodro. Oito días despois celebrarase o acto de entrega, neste caso no Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón, coincidindo coa clausura da semana cultural. Dotación económica O premio literario Eusebio Lorenzo Baleirón está dotado con 2.300 euros, ademais da publicación do traballo gañador.