Antón Lopo mergúllase na vida diaria para rescatar a poesía «con carne»

La Voz C.F. | SANTIAGO

SANTIAGO

Xabier Cordal e Chus Pato falarán do máis recente poemario do escritor O poeta considera que este é un libro «que bebe moito da realidade, é pouco convencional»

03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Tarde poética en Compostela. Dúas vigorosas ponlas da arbre poética reverdecen as letras. Antón Lopo e Yolanda Castaño, respectivamente, presentan as súas máis recentes obras. Antón Lopo presenta Fálame (galería Sargadelos, 19 horas, con Xabier Cordal e Chus Pato), un poemario que obtivo o accésit dun premio Esquío no que o xurado tivo a idea de declaralo deserto. Lopo considera que este é un poemario «pouco convencional, que bebe moito da realidade porque é unha inmersión na vida cotián». O libro artículase en tres partes «as conversas, os correos e os instantes» que levan o autor a entender o seu papel «case como o dun editor que escolma fragmentos e esceas». Fálame , para Lopo, é o resultado dalgunhas preocupacións e desa imposibilidade na que se equiparan poesía e vida: «a poesía despoetizouse e hai que facer un traballo de recuperación, porque escribir versos non é poesía, hai que recuperar a carne poética e neste libro hai moita carne, moita vida».