«No noso ideario figura a defensa do patrimonio»

José Xavier Bom SANTIAGO

SANTIAGO

No instituto Xelmírez I comezan hoxe os I Encontros sobre aproveitamento do patrimonio histórico dos centros educativos, que finalizan o sábado.

13 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O director do Xelmírez I, Manuel Miguel López Mejuto, salienta que hais máis de 50 participantes inscritos de diversas partes do país. O instituto máis antigo da cidade aspira a que outros galegos con importante patrimonio tomen o relevo, e organicen actividades semellantes en próximos anos. -¿Que obxectivo teñen estes Encontros? -Pensamos na súa organización por causa das actividades que realizamos os tres últimos anos con centros de Rennes, Roma, Murcia e Rumania, que tamén teñen un importante patrimonio. O obxectivo é traballar pola súa defensa, difusión e aproveitamento didáctico. -¿Que patrimonio? -No noso caso temos o arquivo, a biblioteca antiga ou o museo. Polo Xelmírez pasaron estudiantes como Pondal, Castelao ou Valle-Inclán; polo centro francés Zola; polo de Roma, Darío Fo... dispomos de materiais de enorme valor que é preciso preservar. -¿É iso unha carga? -En parte si. Precisamos apoio económico e máis bonificacións horarias para poder dedicar maiores esforzos a cuidar ese legado. -¿Beneficia en algo pertencer á rede do Museo Pedagóxico de Galicia? -Esperamos que sirva para conseguir un mellor aproveitamento dos materiais e que adquiran maior dimensión pedagóxica. Neste instituto en varias disciplinas hai actividades en favor do patrimonio, tanto do centro como da cidade, como visitas a museus, recorridos guiados por zonas de interese e mesmo publicacións. No noso ideario figura a defensa do patrimonio que nos rodea.