«Gústame esculcar mundos a traveso da literatura»

Antón Lopo, escritor que presenta hoxe a novela «Ganga»


O escritor Antón Lopo, nome artístico do xornalista Antón Rodríguez, presenta este serán na galería Trinta a súa segunda novela longa, Ganga, editada por Xerais.-¿Que agarda desta novela, que hai nela?-Levaba tantos anos sen publicar novela que me daba un pouco de vértigo, sobre todo Ganga, que é atípica en moitos momentos. É unha novela de viaxe a traveso do mundo dos sicotrópicos, das conspiracións e dun personaxe bulímico que responde ó alcume de Ganga, que vai facendo un retrato da realidade moi personal, singular e alternativo. E unha novela itinerante, de educación sentimental e, sobre todo, de identidade.-¿O poeta éo sempre, aínda cando escribe novela?-Non o sei. Non distingo entre xéneros. Cada un cumple unhas funcións estilísticas, expresivas e persoais moi concretas, pero tanto narrativa, teatro como poesía forman un mundo de expresión propio. Gústame descansar da poesía e meterme en narrativa, facer algo de teatro ou que me permita esculcar mundos a través das posibilidades que ofrece a literatura, mesmo a oral.-¿Como a do espectáculo poético «Prestidixitador»?-Si, un poemario oral co autor como único soporte, un traballo concebido como un libro ambulante, que non está escrito en ningún papel. Compre, pola saúde do libro, romper co monopolio da escrita, de decir que hai outras formas de crear ficción e comunicar.-¿Como conviven o xornalista e o poeta?-O xornalista gáñase a vida, porque o poeta tamén ten que comer. Son un privilexiado, porque vivo dun traballo moi próximo á literatura, incluso algunhas veces fago literatura. As veces hai mellor literatura nas páxinas dun xornal que nunha novela.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Gústame esculcar mundos a traveso da literatura»