«Calígula» inaugura en novembro a temporada do Centro Dramático Galego

CONCHA PINO SANTIAGO

SANTIAGO

ESMERALDA LÓPEZ

A obra teatral de Albert Camus está dirixida por Manuel Guede O Centro Dramático Galego estrena a temporada teatral con «Calígula», de Albert Camus. Esta obra, traducida, adaptada e dirixida por Manuel Guede Oliva, director do CDG, é a primeira das dúas produccións que vai facer a compañía institucional ate outubro do ano que vén. A estrena terá lugar o 1 de novembro no Salón Teatro de Santiago, pero haberá unha preestrea na cidade portuguesa de Viana do castelo, o 27 e 28 de outubro, donde pechará o festival de teatro ou «Festeixo» desta vila. O actor Antonio Durán «Morris» será o protagonista da obra, interpretando ó mítico emperador romano Calígula.

06 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

A montaxe de Calígula ensaíase dende onte no Salón Teatro. Manuel Guede quixo empezar canto antes a traballar cos actores sobre a a escenografía, deseñada polo arquitecto Iago Seara, unha estructura modular con rampas e escaleiras de liñas tan minimalista coma o vestiario do deseñador Antonio Pernas. Con esta versión de Guede Oliva o teatro galego incorpora unha obra de referencia universal como Calígula, posto que é a primeira vez que se representa en Galicia. Existe, sen embargo, unha versión feita por Xosé Manuel Beiras e publicada nos cadernos da escola Dramática Galega, que non chegu a ser montada. Manuel Guede asegura que a montaxe é moi fiel ó texto de Camus. «Traballei _explica o director da obra_ sobre a versión de 1958, porque a primeira é de 1938, que é a mesma do estreno da obra en París en 1945, inmediatamente despois de rematar a Segunda Guerra Mundial». A única licencia que se permitiu Guede é, como él mesmo aclara, a de quitarlle as referencias do texto orixianl a Roma e poñendo no seu lugar as de nación ou país, para trasladala ós tempos actuais. «A miña proposta de dramaturxia _di Guede_ é a do tránsito histórico porque, á luz do que sabemos, tódalas dictaduras, ou os dictadores, se semellan moito, como tamén é moi semellante a relación que se establece entre os súbditos e o poder: á da submisión e o servilismo. Dahí que Calígula aparece en escea vestido como emperador romano, para aparecer no resto na obra cos vestimentas de hoxe, como un símbolo que demostra que as cousas non cambiaron moito». Nesta producción que abre a temporada interveñen trece actores e dúas actrices, Elina Luaces e María Couto. Este amplio elenco explica que o CDG só produza dous espectáculos na temporada 2000_2001. O habitual son tres produccións, e incluso máis, cunha media de trinta actores en conxunto. Pero a segunda montaxe vai contar con dezeoito actores. Trátase da obra A cacatúa verde, de Arthur Stnilzer, unha comedia que será dirixida de Eduardo Alonso. Como contrapartida, amplíase a tres meses a distribución de cada obra, o que implica un mes máis de contratación a cada unidade de producción, que estará mes e medio en Compostela e aumenta o tempo de xira por Galicia.